A COLECCIÓN
A colección da Biblioteca está formada por máis de 75.000 monografías, case 600 publicacións periódicas en papel e acceso a máis de 300 revistas electrónicas de: pedagoxía, psicopedagoxía, educación, filosofía, socioloxía, educación física, antropoloxía, didáctica, historia, arte, literatura, música, xeografía e outras ciencias afíns. Ademáis conta con audiovisuais e cunha colección de referencia formada por: enciclopedias e diccionarios. Tamén ofrece acceso a unha serie de recursos electrónicos subscritos pola Universidade como son revistas electrónicas, bases de datos ou libros electrónicos. Para localizar que libros, revistas, teses... temos na Biblioteca debes consultar o Catálogo nos ordenadores que hai na Biblioteca ou en calquera ordenador con acceso a internet.
Para consultar os recursos electrónicos que temos subscritos utiliza o metabuscador PÓRTICO
Utiliza a hemeroteca, temos moitas revistas qeu che poden axudar, lembra que os artigos de revistas teñen a información máis puntera.